Skip to main content

Falemos de Europa desde aquí

O proxecto Hablamos de Europa desde Aquí / Falamos de Europa desde aquí achégase á Union Europea desde unha aproximación orixinal, como unha organización internacional Glocal, con impacto directo na vida dos cidadáns, tanto no nivel local como no nivel internacional.

Participa no programa de televisión por internet e Ciclo de Conferencias “A Unión Europea Glocal”. Participa da Europa das cidadáns!

Presentación

Segundo o dicionario de Oxford, Glocal defínese como aquel ‘que fai referencia tanto a factores globais como locais ou que reúne características de ambas realidades’.

Ten sentido falar da UE como un actor internacional glocal?

Como conecta o local co global na Unión Europea?

Coñeces outros actores internacionais glocais, cal destacarías e como organizan a súa gobernanza glocal?

O proxecto xorde do Consello de Investigación do IGADI e a Convocatoria 2024 da Secretaría de Estado da Unión Europea para a celebración de accións de comunicación e actividades informativas.

Obxectivos

Os obxectivos xerais deste proxecto son os seguintes:

Reforzar

Reforzar o concepto de cidadanía europea e achegar o proceso de integración europea aos cidadáns españois e en particular aos cidadáns de Galicia para favorecer a súa implicación e participación.

Promover

Promover a difusión de información relacionada cos asuntos europeos no ámbito das nosas áreas de investigación.

Difundir

Difundir coñecementos relacionados co funcionamento e características particulares da Unión Europea no ámbito rexional e internacional.

Ciclo A Unión Europea Glocal

A UE como organización Glocal combina a súa influencia global cun impacto directo e tanxible a nivel local. A UE inflúe de maneira determinante na sociedade internacional, ao tempo que incide nas rexións dos seus Estados membros, mediante a política de cohesión ou a participación no Consello das Rexións da UE.

Para a comprensión da UE como unha organización internacional Glocal constituíuse un grupo interdisciplinar de investigadores das Liñas de Investigación do IGADI en Paradiplomacia, Unión Europea, Economía e Cooperación Internacional e Axenda 2030. 

O Grupo interdisciplinar, coordinado por Patricia Coloret e Daniel González Palau, conta coa participación de Serafín Pazos, Diego Sande, Paula Lamoso, Raquel Isamara León de la Rosa, Tamara Espiñeira.

Programa

O Ciclo de conferencias en liña “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal” ten o seguinte programa. Celebrarase online os martes e xoves, 1, 3, 8, 10 e 15 de outubro do 2024, ás 20h. Como nun programa de televisión, contaremos con convidadas e convidados sorpresas e moi especiais… Apúntaste?

Para participar no programa de TV e preguntar as nosas expertas será necesaria a inscrición previa, que dará dereito a un certificado.

Rexístrate no Ciclo “A Unión Europea global”

Martes, 1 de outubro, 20:00 na IGADI TV

“Que fai a UE nas rexións europeas?”

Serafín Pazos

Xoves, 3 de outubro, 20:00 na IGADI TV

“Que son os Fondos Europeos? Como chegan a Galicia e as rexións europeas?”

Diego Sande

Martes, 8 de outubro, 20:00 na IGADI TV

“A Acción Exterior da Unión Europea como axente global: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades”

Paula Lamoso

Xoves, 10 de outubro, 20:00 na IGADI TV

“A Unión Europea, América e China no século XXI”

Raquel Isamara León de la Rosa

Martes, 15 de outubro, 20:00 na IGADI TV

“A Unión Europea e os Dereitos Humanos”

Tamara Espiñeira

Participantes

Patricia Coloret

Presentadora e Coordenadora do proxecto

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

Daniel González Palau

Coordenador do proxecto

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre outros moitos traballos arredor da paradiplomacia rexional e local galega. Desde o 2014 é o responsable da investigación «Unha historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza. Desde o 2018 é o editor do IGADI Annual Report. Contacto: dpalau@igadi.gal

Serafín Pazos

Palestrante

É coordinador da Liña de investigación na Unión Europea do IGADI. É Doutor en Unión Europea e foi Xefe da Oficina de Bruxelas e responsable da Política Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas. Actualmente é coordinador de proxectos da AEIDL, European association for innovation in local development.

Membro do Comité de Expertos de Subsidiariedade do Comité Europeo das Rexións, Coordenador do Grupo de Expertos de Cohesión do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) (2008-2018), Secretario dos membros escoceses do Comité das Rexións (2007-2020) e do Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa.  Relator técnico de varios Ditames do Comité das Rexións, Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa, Parlamento Europe, Parlamento Escocés e Parlamento Británico.  Membro da Comisión Institucional e de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega. Anteriormente traballou na Fundación Galicia Europa en Bruxelas e na Secretaría Xeral de Acción Exterior do Goberno Vasco, entre outros.   Columnista mensual en Galicia Confidencial e colaborador habitual de Luzes, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Agenda Pública de El País.

Como investigador académico é membro da Research Network on Cohesion Policy da Regional Studies Association,  colaborador habitual do Observatory of Local Authonomy (OLA), Grupo Democracia Y Autonomías: Sociedad y Política de la Universidade Pablo de Olavide; membro dos grupos de Paradiplomacia e axenda urbana da AECPA,  membro do Consello Social da Facultade de Políticas da Universidade de Padua. Ten traballado e publicado sobre todo en procesos de descentralización comparada, a gobernanza multinivel na UE, a Política Rexional europea e as axendas urbanas.  Autor do Libro Subsidiarity and EU Multilevel Governance Actors Networks and Agendas (Routledge, 2019).

Diego Sande

Palestrante

é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa.

É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de innovación en Galicia, na xestión e aplicación dos Fondos Europeos para o desenvolvemento rexional e na innovación tecnolóxica medioambiental.

Colabora co Grupo de Investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago de Compostela e co IGADI (Instituto Galego de Documentación Internacional). Forma parte do Consello de Redacción da Revista Tempo Exterior. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais e publicou libros e numerosos artigos en revistas científicas e técnicas, ademais de colaborar con diferentes medios de comunicación.

Recibiu o Premio Colmeiro de Investigación da Xunta e Galicia en 2024, así coma o Primeiro Premio a Investigacións sobre o Emprego do Concello de Santiago de Compostela, e o Premio Extraordinario do Mestrado DEIN.

Paula Lamoso

Palestrante

É investigadora asociada do IGADI, fai parte do Consello editorial da revista Tempo Exterior. Doutora en Dereito, Goberno e Políticas Públicas pola Universidade Autónoma de Madrid. Experta en Diplomacia da Unión Europea (SEAE – AR/VP – Parlamento Europeo) e creación de Institucións en organizacións internacionais-rexionais.

Raquel Isamara León de la Rosa

Palestrante

É Directora do Observatorio de la Política China e parte do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior, na que coordenou o Tempo Exterior nº45 (xullo/decembro 2022) “Comercio e Relacións internacionais post-pandemia”. Doutora con distinción en Relacións Transpacíficas pola Universidade de Colima (México). Delegada mexicana da sección académica do programa “Ponte ao Futuro” do Foro China-CELAC. Participante en obradoiros organizados polo Departamento Internacional do Comité Central do Partido Comunista Chinés e a Comisión Económica para América Latina e o Caribe. Membro investigador do programa “China e América Latina” do Diálogo Interamericano en Washington DC. Membro do Sistema Nacional de Investigadores do Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, nivel

Tamara Espiñeira

Palestrante

É investigadora asociada do IGADI. Despois de graduar en CC. Políticas e da Administración (Universidade de Santiago de Compostela), obtivo o DES en Estudos Europeos (Institut d’études européennes, Bruxelas). Posteriormente, no seu doutoramento en Xeografía (Universidade Rennes 2), identificou as condicións clave para alinear mellor a axenda local coas políticas e programas da UE. A súa tese foi galardoada co premio internacional “Prospectiva” da Axencia Universitaria da Francofonía en 2023.

Tamara Espiñeira leva traballando e investigando a dimensión internacional das políticas públicas desde 2004, tanto como experta como asesora de representantes políticos. Tamén exerce como experta para a Comisión Europea, dentro de grupos de expertos europeos como a rede Team Europe.

Anteriormente, traballou como analista, observando a situación dos recursos naturais en territorios do Sul global como Namibia e Centroamérica. Nestas misións internacionais, desenvolveu traballo con diferentes partes interesadas, desde presidencias rexionais ata a sociedade civil, e con diferentes institucións internacionais. Foi Secretaria Xeral da Asociación de Cidades Atlánticas entre 2009 e 2021. Igualmente, desde 2007, desenvolve cursos sobre políticas comunitarias e xestión de proxectos internacionais como formadora e consultora independente.

Actualmente, é profesora no Instituto de Ciencias Políticas (Sciences Po) en Rennes, impartindo materias como Relacións Internacionais, Estudos Latinoamericanos e Autoridade Internacional das Cidades. As súas novas liñas de investigación inclúen as derivas institucionais en América Latina e a situación dos pobos “esquecidos”.

Investigación-Libro

Como resultado do Ciclo de Conferencias e das conclusións finais do Grupo interdisciplinar “A Unión Europea desde unha perspectiva glocal”, publicamos un Libro-Monografía en castelán, galego e inglés.

Sobre o proxecto

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é un think tank galego de estudos internacionais nacido en 1991, fundado por Xulio Ríos e aliñado cos principios das Nacións Unidas.

O proxecto Hablemos de Europa desde AquíFalemos de Europa desde Aquí realízase no marco da convocatoria de Subvencións da Secretaría de Estado da Unión Europea para a celebración de accións de comunicación e actividades divulgativas 2024.

Inscrición

Se queres participar no Ciclo de Conferencias A Unión Europea Glocal preguntando ás expertas inscríbete e participa. 

Consegue o teu certificado de 5 horas de formación práctica na Unión Europea Glocal!